VETERANOS ACTIVOS. PARQUES E BOSQUES DO SANTIAGO DE COMPOSTELA DESCOÑECIDO. MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO DE 2023

Os Veteranos Activos na segunda ruta de novembro, iremos a camiñar ao concello de Santiago de Compostela. Todos coñecemos ista cidade universal, pero moio poucos estivemos en todolos lugares que imos visitar, por elo titulamos “O Santiago descoñecido”.
            Dende o Gaiás ata Vidan, camiñaremos por fermosos parques e bosques urbans, que nos farán esquecer onde estamos. A pouco de comezar, visitaremos a Colexiata de Santa María do Sar, cun interesante centro de interpretación.
            Xantaremos en Vidán, no restaurante A Nave do Vidan, onde temos contratado un menú de grupo de 20€. Que non queira, poderá comer alí o que leve, ou pedir outra cousa. Os interesados teñen que anotarse coa inscrición. Tedes toda información neste documento: https://artabros.org/wp-content/uploads/2023/11/Bosques-Santiago-Vet.Act_.-29-11-2023-v.f.pdf

 Distancia total: 12,5 km – Desnivel de subida 177  e baixada 296 m.

Dificultade física e técnica:  baixa

Custo dá inscrición : Socio 3€+2€ entrada en Sar: 5€   – Non Socio 5€+2€ entrada=7€

Pago por transferencia: Clave 71200416+ nome
       Conta: ES25-2080 5565 0030 4000 2362

SAIDA AS 9 HORAS do Pazo dos Deportes (parada bus Deportienda), con paradas en Xoan Flórez, Alfonso Molina e Carrefour.