SEMANA BRANCA INTERCLUBS ESQUÍ ALPINO ANDORRA 24

 
  • ORGANIZADORESClub AROMON Pontevedra, Club Montañeiros CeltasPeña Trevinca Montañeiros de Galicia Sociedad de Montaña Ártabros
  • DESCRICIÓN: Co ánimo de dinamizar a convivencia e a formación entre os socios/as destes Clubs, organízanse para desenvolver unha viaxe de esquí alpino de unha semana de duración para formarse e/ou practicar o deporte.
  • OBXECTIVOS: O primeiro obxectivo é formarse e/ou practicar o esquí alpino (ou “esquí de pista”), e o segundo obxectivo é convivir entre os socios/as dos distintos Clubs.
    A maiores dos obxectivos principais, como clubs de montaña que somos, queremos dar a coñecer nocións elementais de seguridade na montaña invernal, e especialmente do deporte do “esquí de travesía” (propio dos deportes de montaña), xa que este tipo de curso poden ser moi bos precursores.
  • PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. Poderán participar persoas alleas cun suplemento de +25€ por gastos de xestión (ou facerse socio/a a principio de ano nun Club organizador).
  • PLAN DE VIAXE:
    06/Xan (sábado) – Comeza a viaxe en bus pola tarde-noite dende A Coruña, Pontevedra ou Vigo (Primeira parada en función da preferencia da maioría de participantes).
    07/Xan (domingo) – Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado de manutención).
    08/Xan (luns) – Ata o 11/Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
    12/Xan (venres) – Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.
    13/Xan (sábado) – Pola mañá chegar a Galicia.

 

  • PREZO: PREZO BÁSICO OBRIGATORIO: 635€ e inclúe 5 Forfaits de GrandValira, Transportes en autobús, 5 noites habitacións dobres Hotel Delfos (4*) en Andorra, 5 ceas e almorzos no hotel, Seguro de saúde durante a viaxe, e 5 taxas turísticas (2,09€/noite) Goberno de Andorra

 

  • PREZO VOLUNTARIO OPCIONAL:
-Pack “Xantar” + Clases (3 horas diarias todos os días) +75€
-Aluguer de botas, táboas e bastóns de esquí +55€
-Seguro accidentes deportivos en Andorra +15€
-Habitación individual +150€
-“Xantar” (5 bocatas e bebida en pistas) +65€
-Aluguer de casco +15€
-Seguro de cancelación “por causas xustificadas” +25€
-Aluguer de botas e táboa de snowboard +85€
-Habitación triple ata rematar habitacións (se non queres a habitación dobre) -10€
-Habitación cuádruple ata rematar habitacións (se non queres a habitación dobre) -15€
-Ruta guiada de esquí de travesía (medio día e para persoas do mesmo nivel) +155€ / 6 persoas máx.
-Aluguer de esquí de travesía (por día) +30€
-Participantes non socios/as dos Clubs organizadores +25€
 
  • XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O mércores 27 de Nadal na sede do Club Montañeiros Celtas, o xoves 28 de Nadal na sede do Club AROMON Pontevedra, ambas ás 20.30h, e o xoves 4 de xaneiro no local social de S.M. Ártabros, haberá xuntanzas (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e sobre os distintos deportes do “esquí alpino” e o “esquí de travesía”, e a seguridade na montaña invernal.
 
  • SEGURO DE ACCIDENTES: A atención sanitaria nas actividades deportivas nesta viaxe é unha responsabilidade persoal de cada participante, e non está cuberta polo sistema público español, polo que recomendamos encarecidamente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor “con extensión de esquí alpino”, ou un seguro privado propio, ou o ofrecido pola organización, durante a actividade. Dende os Clubs non seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto.
 
  • PERSOAS COORDENADORAS DE CADA CLUB: Fernando Pedreira (S.M. Ártabros), David Araújo (AROMON Pontevedra), Fernando Fernández (Montañeiros Celtas), e Alejandro Carrera (Peña Trevinca Montañeiros de Galicia).

 

  • PRAZO E SISTEMA DE INSCRICIÓN: Ata o 15 de Nadal (ou ate esgotar as prazas, o que pase antes). As persoas interesadas terán que facer:
1º Un primeiro pago para bloquear a praza de 300€ na conta de Viajes Sierra poñendo de referencia “Interclubs” e o nome e apelidos do viaxeiro/a (un ingreso por cada viaxeiro) en ABANCA IBAN ES69 2080 0341 1755 0063 9777.

2º Unha vez pagado o primeiro prazo, cubrir o seguinte formulario en https://forms.gle/ts6hMWGJ353DVZYE9

3º O seguinte pago (ata completar o total) farase antes do 01/Xan/2024.
 
  • DÚBIDAS: Poñerse en contacto ou no Club, ou con Viaxes Sierra no tel. 881 979 138 / viajessierra@viajessierra.com