CAMPAÑA COÑECE E CAMIÑA. PICO ABREGO DE OUROSO – TARAMUNDI (Asturias) DOMINGO 3 DE MARZAL DE 2024

A ruta de marzal do Coñece e Camiña ímola facer en Asturias, cunha ascensión o cumio do Pico Abrego, o teito de Taramundi.  Trátase dunha variante da coñecida Ruta da Auga, para facela igual de fermosa, pero con bastante menos desnivel de subida. Tedes toda a información neste documento: https://artabros.org/wp-content/uploads/2024/02/Conece-e-Camina-Pico-Abrego-Taramundi-3-3-2024-doc.informat.pdf

Distancia: 17,6 km.

Desnivel positivo: 440 m.  Negativo: 1100 m.

Dificultade técnica: Media

Dificultade física: Media.

 Información e inscricións: Tel. 981 213115 / correo: artabros@artabros.org

Clave para incluir no pago por transferencia: 71200427

Conta: ES25-2080  5565 0030 4000 2362

Custo actividade:  Socios 12€   Non socios 16€

Saída as 8 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, e paradas en Juan Flórez, Alfonso Molina e Carrefour.