Convocatoria Asamblea Ordinaria e Extraordinaria 2024

O vindeiro xoves 21 de marzo de 2024 convocamos a tódolos socios de número a nosa asamblea xeral ordinaria no local do clube, ás 19:15 horas en primeira convocatoria e ás 19:45 horas en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

– Lectura e aprobación, se procede, do Acta da Asamblea anterior.
– Presentación pola Xunta directiva das contas anuais e memoria de actividades correspondentes ao exercicio do ano 2023 e aprobación, se procede.
– Informe do Presidente da situación actual da Sociedade e dos obxectivos previstos,
– Programa de actividades e presuposto para o ano 2024 e aprobación, se procede.
– Celebración do 50º aniversario do club para o 2024.
– Rogos e preguntas.

Así mesmo tamén convocamos o mesmo día a tódolos socios de número a Asemblea Xeral Extraordinaria da Sociedad de Montaña Ártabros, que se celebrará ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte orde do día:

– Aprobación da aceptación de doación dos terreos por parte da Asociación Juvenil Ártabros situados no concello de Culleredo, e posterior venta dos terreos.

Contamos coa vosa presencia!

convocatoria asamblea ordinaria 2024

convocatoria asamblea extraordinaria 2024