CAMPAÑA COÑECE E CAMIÑA. DE CIMADEVILA A SAN XURSO DE SACOS – COTOBADE (Pontevedra) DOMINGO 14 DE XANEIRO DE 2024

      Principiamos a tempada do C.C. cunha preciosa ruta polos Concellos de Cotobade e Campo Lameiro. Trátase dun percorrido por bosques e ríos,  pontes, cruceiros, capelas, e unha chea de elementos, que faranos pasar un gran día de sendeirismo. Tedes toda a información neste documento. https://artabros.org/wp-content/uploads/2024/01/CyC-xaneiro-2024_.pdf

Como novedade, a través dun convenio coa Federación galega de Montañismo, a maioría das rutas programadas no calendario da sección de sendeirismo de Artabros tamén pasan a formar parte do calendario oficial da federación.

Distancia: 17,8km.   Desnivel positivo: 525m. Negativo: 777m.
Dificultade técnica: Baixa.    Dificultade física: Media.

Información e inscricións: Tel. 981213115 / correo: artabros@artabros.org

Concepto para incluír non pago por transferencia: Volo dirán cando vos confirmen a praza.
Custo actividade: Socios 12€ Non socios 16€.
Saída as 8 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, con paradas en Juan Flórez, Alfonso Molina e Carrefour.