GOENTE ACOLLE O PRÓXIMO SÁBADO 14 A 10ª PROBA DA LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN A PÉ

O próximo sábado 14 de outubro o Club Orientación Liceo organiza unha carreira de orientación a pé en Goente (As Pontes)

O evento será a X proba da Liga Galega de O-pé e para as categorías elite constará dunha primeira parte clasificatoria e unha segunda parte con saída á caza segundo os resultados obtidos anteriormente.

As inscricións estarán abertas ata este domingo 8 de outubro ás 23:50. As persoas federadas deben apuntarse a través da intranet da FEGADO e as que non estean federadas poderán participar nas categorías de iniciación enviando un correo a alfonsomancera@gmail.com

Todos os detalles do evento están dispoñibles na web da FEGADO