DOBRE PROBA DE ORIENTACIÓN EN A CORUÑA O PRÓXIMO SÁBADO 28

O próximo sábado 28 de outubro, o Club Gallaecia Raid organiza dúas probas da Liga Galega de Orientación en A Coruña. 

Primeiro terá lugar a 11ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé en horario de 10:00- 13:30 no Monte do Espinle (O Mesoiro). Pola tarde disputarase a 6ª proba da Liga Galega de Sprint nun novo mapa na Universidade de Elviña de 15:30- 18:00. Os percorridos realizaranse de xeito liñal clásico, polo que haberá que pasar por todos os puntos de control na orde indicada no mapa. 

As inscricións están abertas ata o próximo domingo 22 de outubro ás 23:50. As persoas federadas pódense inscribir a través da intranet da FEGADO e as non federadas poderán participar nas categorías de iniciación curta ou longa escribindo un correo a alfonsomancera@gmail.com 

Animádevos a participar!