O CONCELLO DE PORTO DO SON RECIBE O PRÓXIMO SÁBADO 30 DE SETEMBRO DÚAS PROBAS DE ORIENTACIÓN

A ADC Arnela organiza o próximo sábado 30 de setembro dúas probas no Concello de Porto do Son (A Coruña). 

Pola mañá disputarase a IX proba da Liga Galega de Orientación a Pé no Monte Enxa, que será unha carreira de distancia longa na modalidade de orientación en liña. Pola tarde terá lugar a III proba da Liga Galega de Trail-O en Montemuíño, unha disciplina centrada na identificación correcta dos puntos de control no mapa, na que poden participar tamén persoas de mobilidade reducida. 

As inscricións están abertas ata este domingo 24 de setembro ás 23:50 na intranet da FEGADO para as persoas federadas, ou ben a través de alfonsomancera@gmail.com para as non federadas que estean interesadas en participar. 

Máis información sobre os prezos e últimos detalles dispoñibles na web da fegado