ÁRTABROS ORGANIZA O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE DISTANCIA LONGA DE ORIENTACIÓN A PÉ O PRÓXIMO SÁBADO 16 DE SETEMBRO

O vindeiro sábado 16 de setembro, a sección de orientación de Ártabros organiza a VIII proba da Liga Galega de Orientación a Pé, que tamén será o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Longa e a IV proba da Liga Transfronteiriza Galicia- Norte de Portugal

A carreira celebrarase no Monte Forgoselo (A Capela), un área situada ao norte das Fragas do Eume formada por pequenos cerros con suaves desniveis, salpicados de grandes penedos graníticos e abundantes zonas de pastos, veigas, queiroas e charcas, nos que se cría gando salvaxe (vacas e cabalos). 

Estas características do terreo farán que os deportistas se vexan obrigados a demostrar non só as súas habilidades físicas, senón tamén técnicas mediante o manexo do compás para completar o percorrido sinalizado no mapa no menor tempo posible. 

As inscricións estarán abertas ata as 23:50 do domingo 10 de setembro. As persoas federadas poderán inscribirse a través da intranet da web da FEGADO seleccionando a categoría na que desexen competir, mentres que as que non estean federadas e desexen participar deberán enviar un correo a alfonsomancera@gmail.com

Toda a información da proba (boletíns, percorridos, categorías…) irase publicando aquí. O boletín 1 pódese consultar neste enlace, o mapa antigo (2021) está dispoñible aquí e neste link podedes ler os comentarios do trazador (Javier Sevilla). 

Animádevos a participar!