Por razóns técnicas, non podemos facer a ruta prevista no Calendario Anual ao cumio de Penarrubia, na Serra dos Ancares. No seu lugar, poñemos a Ruta dá Auga, un percorrido clásico e imprescindible na zona de Taramundi.
Dado o éxito da recente visita dos Veteranos Activos, moitos socios (que traballan os mércores) manifestaron o seu interese por este lugar, por elo, a mesma compañeira, Pili Gómez, levarános pola Ruta da Auga, que sen ser unha ascensión (coma a ruta programada) non desmerece en beleza e intensidade. Haberá tempo para visitar o Museo de Muiños de Mazonovo (https://www.mazonovo.es/index.php). O que xa o veu, poderá facer outra visita e gozar máis tempo de Taramundi. Tedes tódolos detalles neste documento informativo.
https://artabros.org/wp-content/uploads/2023/04/Conece-e-Camina.-Ruta-da-Auga-Taramundi.pdf
Distancia: 17,4 km
Desnivel positivo: 1113 m – Desnivel negativo: 1038 m
Dificultade técnica: Media
Dificultade física: Alta
Información e inscricións: Tel. 981 213115 / correo: artabros@artabros.org
Clave para incluir no pago por transferencia: 71200400
Conta: ES25-2080 5565 0030 4000 2362
Precio: Socios 17€ Non socios 27€
Saída as 8 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, e paradas en Juan Flórez, Alfonso Molina e Carrefour.