Cargando Eventos

« Todos los Eventos

VETERANOS ACTIVOS | CAMIÑO XACOBEO DO NORTE, DE LOURENZÁ A MONDOÑEDO ( Lugo ) | MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO DE 2026

noviembre 25

Con vistas ao vindeiro Ano Santo Compostelán, exploraremos unha variante do Camiño do Norte cara a Santiago de Compostela, concretamente o tramo entre Lourenzá e Mondoñedo.

O noso percorrido estará marcado polas pequenas construcións de devoción popular que outrora salpicaban os antigos camiños reais e as rutas de peregrinación. Camiñaremos por sendeiros tradicionais e a través de bosques autóctonos, cos vales da Mariña Lucense como pano de fondo paisaxístico.

Está prevista unha visita guiada ao Pazo de San Isidro e, posiblemente, teñamos a opción de xantar nos seus xardíns. O prezo desta visita é de 4 € por persoa.

Tedes toda a información neste folleto. 

Nº de prazas: 52

Custo :      Socio de número/aspirante:  15 €       Non socio de número/aspirante:  19€

Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón   https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/149/VETERANOS-ACTIVOS-25-NOVIEMBRE/

Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71

A saída será ás 9:00 h desde as paradas habituais


Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Detalles