VETERANOS ACTIVOS | CAMIÑO XACOBEO DO NORTE, DE LOURENZÁ A MONDOÑEDO ( Lugo ) | MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO DE 2026

Con vistas ao vindeiro Ano Santo Compostelán, exploraremos unha variante do Camiño do Norte cara a Santiago de Compostela, concretamente o tramo entre Lourenzá e Mondoñedo.
O noso percorrido estará marcado polas pequenas construcións de devoción popular que outrora salpicaban os antigos camiños reais e as rutas de peregrinación. Camiñaremos por sendeiros tradicionais e a través de bosques autóctonos, cos vales da Mariña Lucense como pano de fondo paisaxístico.
Está prevista unha visita guiada ao Pazo de San Isidro e, posiblemente, teñamos a opción de xantar nos seus xardíns. O prezo desta visita é de 4 € por persoa.
Tedes toda a información neste folleto.
Nº de prazas: 52
Custo : Socio de número/aspirante: 15 € Non socio de número/aspirante: 19€
Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/149/VETERANOS-ACTIVOS-25-NOVIEMBRE/
Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71
A saída será ás 9:00 h desde as paradas habituais
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.