CAMIÑO MIÑOTO DO RIBEIRO, DE SAN CLODIO A RIBADAVIA (Ourense)

MÉRCORES 14 DE SETEMBRO DE 2022

        Despois do verán, reiniciamos a campaña de Veteranos Activos cunha ruta pola bisbarra do Ribeiro. Como as anteriores, trátase dunha ruta corta, temos moito que ver,  e ímola  facer amodo, para gozala máis e que ninguén teña dificultades.

   Tedes toda a información neste documento:https://artabros.org/wp-content/uploads/2022/08/Veteranos-Activos-ruta-Ribadavia-14-9-2022-1.pdf.

Distancia:   10  km    –   Dificultade:   baixa      Desnivel: 327 m.

   Inscricións:

   Socios:  16€      Non socios:  25€

. OLLO. Por mor da distancia que se atopa Ribadavia, a saída adiántase as 8 horas.

   Pago por transferencia:   Clave 71200381 + nome

   Conta: ES25-2080  5565 0030 4000 2362