Cambio de data na saida ó Petón do Xalo

Montañeiros: tras da saida ó Montigüero, toca xornada técnica no Xalo, aberta a quen queira vir a tecnificarse en rapels, encordamentos…

AVISO: respecto ó previsto inicialmente, esta saida pospoñerase unha semana, e será por tanto o sábado 1 de Maio. A xuntanza será no Xalo ou en Chanteiro. Os interesados, que se poñan en contacto co vogal da sección

Travesía pola xona de Pena Orniz, Montigüero

Despois da saida de Pirineos, non stop para a seguinte: Travesía pola xona de Pena Orniz, Montigüero.

  • Días 16, 17 e 18 de Abril.
  • Dificultade física e técnica básica-media.
  • Dormida en tendas ou vivac, fora do perímetro de zona protexida. Estudiarase se facemos dormida por alí xa o venres, ou incluso se arrancamos o sábado pola mañanciña dende aquí
  • Material para montaña invernal. Piolos, crampós, e previsiblemente raquetas. Comidas de travesía para sábado e domingo.
  • Abrimos hoxe (luns 5) a lista de inscripción, e pechámola o martes 13. Sen cuota de preinscripción. Máximo de prazas 15
  • Reunión de organización da saida o mesmo martes 13 ás 20.00 no clube