Última hora sobre a saida a Somiedo

Os organizadores da saída modificaron a dificultade técnica de baixa a media. Pídense desculpas os afectados e por suposto dase a posibilidade de apuntarse ou quitarse da lista ata o venres 22 de outubro.

A actividade está proposta como montaña de nivel técnico e físico medio, na que se baralla a posivilidade de varias rotas polo parque natural de Somiedo, facendo cumes en montes tan diversos como o Penaorniz, Cuetalbo, Picos Blancos ou Picos de la Mortera. Está un pouco por concretar os cumes a realizar e embergadura da travesía, sendo unha posividade a de facer base en Valle de Lago e dende alí facer a actividade.

E posible tamen que o segundo día se faga noite na Cueta para así poder, o último día, realizar unha actividade o carón do Montigüero e ca consecución da sua ascensión. Tamen non se descarta se o tempo acompaña pasar unha tarde nunha escola de escalada cercana o lugar (que descoñecemos as caractrísticas) pero non estaría mal poder limpar as xemas dos dedos nunha agarimosa caliza 🙂

As opción son moitas pero está claro que imos desfrutar destes fermosos lugares e pasar unah finde montañeira donde as teñamos. Os debutantes Organizativos, Luis garcía máis Rodrigo Mosquera , esperamos sea do voso agrado e facer unha actividade do máis agradable e disfrutona posible para todos os que se anime a tal evento.

Travesía por Ancares

Dende a sección de montaña propoñemos unha travesía por Ancares para abrir boca:

-Saida o venres 17, e noite no Albergue de Campa da Braña

-Sábado 18 – domingo 19, travesía dende Puerto Ancares ata Pena Rubia, por toda a Cordal, con dormida en tenda ou vivac nalgún punto perto de Tres Bispos

-Preciso levar xantar e cea do sábado, máis almorzo do domingo, máis o que cada quen queira para a dormida.

-Dificultade técnica baixa – física media

-Prazas, 20. Límite para apuntarse, o venres 10 de setembro. Lista aberta en secretaría, e reserva de 10€

-Os que non señan habituais da sección, que lle deixen tfno ou mail a Romina, ó apuntarse

Saida de montaña a Picos en Agosto

O finde do 20-22 tiramos para Picos, para Cordiñanes.
Actividade de iniciación polos arredores de Collado Jermoso (preparación física media, técnica baixa).
Organiza Marta Formoso

Plazo inscripción dende hoxe ata o venres 30 de xullo.
Dado que o clube estará pechado en agosto, imprescindible que os interesados se poñan en contacto coa organizadora por mail (mformoso@pastorserfin.com) , antes do vindeiro venres