El domingo 15 de setembro imos a Pontevedra capital, para facer unha ruta entre a Ría de Pontevedra e a de Vigo. Coma sempre, seremos fieles o nome da campaña, coñeceremos o Casco Antigo de Pontevedra, o Río Gafos, o Camiño Xacobeo Portugués, Pontesampaio e a parte máis fonda da Ría de Vigo.

¡ABERTAS INSCRIPCIÓNS!

Para inscripción e máis información no enlace do evento AQUÍ

O CASCO ANTIGO DE PONTEVEDRA

Está delimitado polo trazado da antiga muralla. Sobor de todo destaca na parte máis alta, a basílica de Santa María da Maior, igrexa de estilo gótico tardío, do S.XVI, que poderemos visitar. Todo o conxunto está peatonalizado, e foi declarado Monumento Artístico en 1951. Está atravesado polo Camiño Xacobeo Portugués, que pasa obligatoriamente pola Praza da Peregrina, edificio singular en forma de cuncha, que poderemos visitar. Na mesma praza está a estatua do loro Rabachól, o símbolo do Entroido nesta cidade.

O RíO GAFOS

É un pequeño río de no máis de 10 km, que nace en Figueirido e desemboca no río Lérez. Na parte final vai polo no centro de capital, en medio dun fermoso parque, polo que pasa o Camiño Xacobeo.

PONTESAMPAIO

A ponte, trátase dun edificio medieval do S.XI, de 144 m, a beiras do río Verdugo, na parte máis fonda dá ría de Vigo. Aquí librouse unha famosa batalla contra o exército francés en xuño de 1809, na Guerra dá Independencia. O casco antigo de Pontesampaio (concello de Pontevedra), conserva a arquitectura tradiccional mariñeira, con rúas extreitas e laberínticas. Doutro lado do río está Arcade (Soutomaior), lugar famoso polas súas ostras.

A RUTA

Comezaremos a ruta sobre as 10 h no centro de Pontevedra capital, a beira do río Lérez. Meterémonos polo casco antigo ata chegar a basílica de Santa María dá Maior, para facer unha visita non guiada. Despois seguiremos ata a Praza dá Peregrina. Aquí daremos un tempo para visitar o templo e tomar café. Sobre as 11,30h comezaremos a ruta polo paseo do río Gafos, nunha contorna de gran beleza chea de peregrinos.

Un pouco antes de Figueirido, enlazaremos co Camiño Xacobeo Portugués. O trazado vai por pistas asfaltadas e de terra, con bastante sombra, e varios postos de comida e bebida. Pararemos para xantar un pouco antes de Pontesampaio. Pola tarde, visitaremos a Insuiña o Illa de Medal, con preciosas vistas dá desembocadura do río Verdugo e dá Ría de Vigo. Despois visitaremos o casco antigo de Pontesampaio e a súa ponte.

Calculamos rematar no peirao de Arcade sobre as 17 horas.