– DATAS: 8, 9 e 10 xullo
– ACTIVIDADES: Sábado: Escalada na escola de Valverdín-Pedrosa (León)
Domingo: Espeleobarranquismo na cova de Valporquero (descenso del río subterraneo guiado pola empresa Guheko)
– ALOXAMENTO: Albergue Refugio de Montaña Sierro Negro (Lavandera) www.alberguesierronegro.com
Noite do venres e sábado no albergue, en habitación de 16 prazas con literas a 15€ aloxamento/persoa cada noite. Almorzo 4€, cea 11€.
O Albergue está a 1 Km da escola de escalada de Valverdín-Pedrosa e a 25Km da escola de Aviados
– N.º DE PRAZAS: 15
– PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Data límite venres 3 de xuño.
– PREZOS: Inscripción 20€ para a actividade da Cueva de Valporquero e 10€ para o albergue. O resto do coste do aloxamento/comidas do albergue e da Cueva de Valporquero pagarase no momento.
– COMIDAS: levar comida de ataque para ó sábado e domingo. Cea do venres cadaquén pola súa conta. Almorzos e cea do sábado, posibilidade de cear no albergue ou cada un que leve o seu.
– MATERIAL: todo o material necesario para escalada deportiva, imprescindible casco. Bañador e botas que se podan mollar.
– NIVEL TÉCNICO: É preciso coñecer as técnicas básicas de seguridade e progresión en escalada en rocha.
– NIVEL FÍSICO: Medio. A duración da actividade de Espeleobarranquismo en Valporquero e de aprox. 5h, polo que requerirá ter certo estado de forma.
AVISO: Primeiro realizar a inscripción no listado do club de montaña ártabros e a continuación facer o ingreso correspondente, no que conste o voso nome e apelidos e o código de partida de cargo no concepto do ingreso.
A continuación enviar un correo electrónico (marialamas1982@hotmail.es) confirmando a vosa inscripción e ingreso e facilitarme a vosa talla de pe, altura e peso para a reserva do material de espeleobarranquismo. E confirmar se queredes o almorzo do sábado e domingo e cea do sábado no albergue.
Temos unha pre reserva de 15 persoas para facer o espeleobarranquismo en Valporquero o domingo 10 de xullo pola mañá. Hasta que non realicemos o ingreso de 20€ da reserva non temos formalizada esta reserva.
Calquer dúbida (organización): marialamas1982@hotmail.es