Os organizadores da saída modificaron a dificultade técnica de baixa a media. Pídense desculpas os afectados e por suposto dase a posibilidade de apuntarse ou quitarse da lista ata o venres 22 de outubro.

A actividade está proposta como montaña de nivel técnico e físico medio, na que se baralla a posivilidade de varias rotas polo parque natural de Somiedo, facendo cumes en montes tan diversos como o Penaorniz, Cuetalbo, Picos Blancos ou Picos de la Mortera. Está un pouco por concretar os cumes a realizar e embergadura da travesía, sendo unha posividade a de facer base en Valle de Lago e dende alí facer a actividade.

E posible tamen que o segundo día se faga noite na Cueta para así poder, o último día, realizar unha actividade o carón do Montigüero e ca consecución da sua ascensión. Tamen non se descarta se o tempo acompaña pasar unha tarde nunha escola de escalada cercana o lugar (que descoñecemos as caractrísticas) pero non estaría mal poder limpar as xemas dos dedos nunha agarimosa caliza 🙂

As opción son moitas pero está claro que imos desfrutar destes fermosos lugares e pasar unah finde montañeira donde as teñamos. Os debutantes Organizativos, Luis garcía máis Rodrigo Mosquera , esperamos sea do voso agrado e facer unha actividade do máis agradable e disfrutona posible para todos os que se anime a tal evento.

Sociedad de Montaña Ártabros
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Más información sobre nuestra Política de Privacidad