Dende a sección de montaña propoñemos unha travesía por Ancares para abrir boca:

-Saida o venres 17, e noite no Albergue de Campa da Braña

-Sábado 18 – domingo 19, travesía dende Puerto Ancares ata Pena Rubia, por toda a Cordal, con dormida en tenda ou vivac nalgún punto perto de Tres Bispos

-Preciso levar xantar e cea do sábado, máis almorzo do domingo, máis o que cada quen queira para a dormida.

-Dificultade técnica baixa – física media

-Prazas, 20. Límite para apuntarse, o venres 10 de setembro. Lista aberta en secretaría, e reserva de 10€

-Os que non señan habituais da sección, que lle deixen tfno ou mail a Romina, ó apuntarse