Cargando Eventos

« Todos los Eventos

VETERANOS ACTIVOS | BOSQUE DE COLÓN E CASA MUSEO | POIO (Pontevedra) | NATUREZA E PROBAS DA ORIXE GALEGA DO ALMIRANTE | MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2026

abril 22

Esta ruta, que une o Bosque de Colón en Poio coas secuoias de Campañó (Pontevedra), comeza como un paseo polo bosque regalado polos EE. UU. para conmemorar o 500 aniversario do descubrimento de América. Discorre na súa maioría nun suave descenso cunhas fermosas vistas do val que percorre a depresión meridiana e da ría de Pontevedra.

Pero antes, visitaremos a Casa Museo de Colón para descubrir como o apelido Colón xa existía en Pontevedra no século XV; que o almirante non sabía falar italiano nin ligur; que no Caribe hai máis de 120 topónimos galegos; que existiu a illa a Galega ou que á nao Santa María chamábana tamén así, a Galega.

Estas e outras probas irrefutables cuestionan abertamente a historia oficial e confirman, sen lugar a dúbidas, que Colón era galego. Tedes toda a información neste documento

Nº de prazas: 55

Custo :      Socio de número/aspirante:  15 €       Non socio de número/aspirante:  19€

Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón   https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/93/Veterano-Activos-22-de-abril-de-2026/

Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71

A saída será ás 9:00 h desde as paradas habituais

 


Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Detalles

Organizador

  • CARLOS