COÑECE E CAMIÑA | RUTA MALPICA – BEO | MALPICA (A Coruña) | DOMINGO 22 DE FEBREIRO DE 2026

En febreiro, o Coñece e Camiña, vai a Malpica de Bergantiños, unha fermosísima zona dá costa coruñesa, que nunca nos cansaremos de visitar.
O monte Beo elévase como unha barreira natural que separa do mar as chairas de Malpica ePonteceso. Aínda que o seu cumio só alcanza os 181 metros de altura, ofrecenos unhas impresionantes vistas tanto do interior como da costa. Na parte Baixa deste atopase a pequena capela de Santo Hadrián, referente espiritual en toda a zona de Begantiños. Ao longo da zona costeira pola que transcorre a nosa andaina destacan as praias de Area Maior, Canido, A Seaia e Beo, pero sobre todo as illas Sisargas.
Toda a información pódese consultar neste folleto
Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón:
https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/59/Conoce-y-Camina-febrero-2026/
Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71
A saída será ás 8:00 h desde as paradas habituais.
Nº de prazas: 55
Custo: SOCIOS: 15€ NON socios: 19 €
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.