Nesta andaina de maio achegarémonos ao COUTO MIXTO, ao sur da Provincia de Ourense. Trátase dun territorio cunha historia abraiante xa que foi a primeira República Democrática europea durante mais de 720 anos, dende 1143 ata 1864, nunha época medieval de Reises e Sres. Feudáis totalmente afastados do que ven sendo un sistema democrático. Percorreremos os dez km do CAMIÑO PRIVILEXIADO dende O Couto Mixto ata Tourem en Portugal.
Faremos noite en Celanova e o seguinte día visitaremos o FOXO DO LOBO DE GUENDE e xa de volta teremos unha visita guiada ao Campamento Romano de AQUIS QUERQUENNIS.
Tedes todos os datos neste documento: https://artabros.org/wp-content/uploads/2024/02/Vet.Activ_.28-29-maio.pdf
Inscrición: Socios: 95€ Non socios: 115€ (50% no momento de anotarse, ate ó 2 de maio)
Conta Ártabros: ES25-2080 5565 0030 4000 2362
Código dá actividade: 71200428
Coma sempre, primeiro hai que solicitar a praza. Cando estea confirmada, faise o ingreso.
Saida: 8 horas, Praza Casares Quiroga. Úneca parada en Carrefour.