Sociedad de Montaña Ártabros

Sociedad de Montaña Ártabros
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Serra da Freita – Portugal

10 octubre, 2015 @ 7:30 - 12 octubre, 2015 @ 21:00

DATAS: do sábado 10 ao luns 12 de outubro de 2015

LUGAR E HORA DE SAÍDA: Praza Casares Quiroga – 07:30 h do sábado 10 de outubro. Chegada cara á noite do luns 12 de outubro

Nº DE PRAZAS: 30        NIVEL TÉCNICO: Baixo        NIVEL FÍSICO: Medio (*)

(*) Nun anaco dunha das tres rutas o terreo é escarpado polo que se dará opción aos que non se sintan con forzas dabondo a facer un atallo doado e guiado.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do luns 21 de setembro ao venres 2 de outubro, por mor de liberar as prazas non cubertas nunha ponte tan significativa como a do Pilar.

COTA DA ACTIVIDADE:

Socios Federados:             129 €      Socios no Federados:        144 €                          No Socios Federados:      155 €      No Socios no Federados:    170 €

(incluída a contratación dun seguro de accidentes para os non federados)

PREINSCRICION E RESERVA DE PRAZA: É posíbel a reserva de praza durante a primeira semana do prazo, mediante o abono dun anticipo de 20 €, previa solicitude ao correo electrónico a artabros@artabros.org ou ao teléfono 981 21 31 15 en horario de 20 a 22 h de luns a venres

PAGAMENTO: Primeiro pagamento a realizar antes do 25 de setembro (20 €). Resto da cota: ata o 2 de outubro.

– Na secretaría do Club en c/ Santa Teresa, 14 (a rentes do museo DOMUS) de 20 a 22 h de luns a venres.

– Ingresando o importe da actividade na conta ES25-2080-5565-00-3040002362 (ABANCA, titular: SM Ártabros), e enviando o resgardo do ingreso ou transferencia.

Datos necesarios: Nome Completo + Nº teléfono

Nos ingresos por banco o concepto será: Nome + S FREITA

MATERIAL NECESARIO: O usado decote para camiñadas dun día por carreiros de montaña.

ALOXAMIENTO: O aloxamento será na vila de Arouca no hotel D. Pedro *** con magníficas instalacións. Máis información en http://www.hotelspedro.com/.

CEAS PORTUGUESAS: Como non, cada vez que visitamos unha zona, despois das camiñadas que adoitamos facer, nos merecemos degustar os pratos típicos da regiâo. Así teremos o pracer de gostar do bacalhau gratinado un día, e ao seguinte, a vitela arouquesa asada no forno.

Nota: a vaca arouquesa é da cor da roxa galega, algo máis alta cá cachena, con cornos tamén grandes e reviravoltos, como poderemos comprobar no decorrer das rutas. A súa carne ten sona de ser unha das mellores da península, e o asado no forno unha das mellores eleccións.

O PREZO INCLÚE: Viaxe de ida e volta en autocar e desprazamentos ás saídas de ruta, aloxamento en réxime de media pensión (2 noites de durmir e 2 ceas, ás do sábado 10 e domingo 11, e 2 almorzos os do domingo 11 e luns 12.

TRÍPTICO: Se desexas descargar o tríptico da actividade  Pincha Aquí

DETALLE DAS RUTASPinchar Aquí

MONITORES:   Arximiro e Xabier.

DÚBIDAS: Tfno. Ártabros 981213115 (No horario de 20:00 a 22:00 h de luns a venres)

Detalles

Comienza:
10 octubre, 2015 @ 7:30
Finaliza:
12 octubre, 2015 @ 21:00
Categorías del Evento:
,

Organizador

Argimiro Ríos
Teléfono
981213115
Ver la web del Organizador