Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

RIBEIRA SACRA OURENSÁ

11 octubre, 2014 @ 8:00 - 12 octubre, 2014 @ 20:00

Datas: 11 e 12 de outubro de 2014

Eliximos para esta saída de outono un dos espazos naturais máis recoñecidos de

Galicia, a Ribeira Sacra, pero precisamente aquela parte máis afastada, máis recóndita, menos comunicada, máis difícil de coñecer para aqueles que vivimos preto do golfo ártabro, por mor da distancia a percorrer que fan que non estea doadamente ao alcance de excursións dun so día.

E imos no outono, a estación axeitada para contemplar os fermosos bosques de ribeira, os soutos, as reboleiras e os socalcos das viñas case sempre situados nas fortes pendentes que dan ao Sil e nos fondos e escuros cavorcos dun dos seus afluentes principias, o Mao, case un santuario do barranquismo galaico.

Neste lugar faremos dúas excursións:

A primeira será de percorrido das varudas pendentes que dan ao Sil nos seus lugares máis accidentados, con fortes pendentes, de visita a restos de cenobios da idade media e casarellos hai anos deshabitados, de miradoiros, dende os antigos de sempre ata os máis modernos, aproveitando atalaias sobre o baleiro. Tamén de soutos e fragas e, como non, visitando algúns dos lugares esgrevios do espazo natural.

A segunda, da natureza constrinxida, xirará sobre un dos ríos máis accidentados na súa baixada cara ao Sil, o Mao, que forma un profundo cavorco case impenetrable que unha xeira de pasadoiros de madeira, instalados hai pouco, tenta domar no seu tramo final e unha antiga e vertixinosa canle permite percorrer no seu tramo medio. Tamén será de socalcos e de viñas, de reboleiras, de pontes medievais e de curiosos aldeamentos, dende os máis baixos, a carón do Sil ata os más altos na serra, xa de gando e cereais. Asemade veremos un dos lugares máis enigmáticos da Ribeira Sacra, unha necrópole con sartegos de estraña xeometría esculpidos na rocha e cos restos da hermida nun relanzo rochoso abaneando no baleiro.

Para as dúas excursións: Distancia: entre 17 e 22 km. Desniveis acumulados tanto positivos como negativos: entre 700 e 1000 m. Dificultade técnica: baixa. Dificultade física: media.

Saída ás 08h do sábado 11/10/2014 da praza Casares Quiroga, a rentes do parque infantil de Elviña (mesmo lugar das últimas saídas).

Prezo (inclúe durmida, cea do sábado e almorzo do domingo):

– Socios federados 68 €                        – Non Socios federados 88 €.

– Nin federados nin socios 88 € mais o custe do seguro a tramitar na secretaría da S. M. Ártabros.

Xeito de facer o pago: 20 € dende o 1 de setembro ata o 20 do mesmo mes, para preinscrición e como fianza necesaria para facer reserva das prazas. Resto do prezo antes do 4 de outubro.

Aloxamento: no albergue “A Fábrica da Luz” rehabilitado en 2011 por unha premio nacional de arquitectura. Conta con aula e sala de exposicións. Inclúense sabas e toallas. Descrición completa no seguinte sitio: afabricadaluz.com/‎.

Descarga el Tríptico Aquí

 

Detalles

Comienza:
11 octubre, 2014 @ 8:00
Finaliza:
12 octubre, 2014 @ 20:00
Categorías del Evento:
,

Local

Ribeira Sacra
A %d blogueros les gusta esto: