- Este evento ha pasado.
ORIENTACIÓN | Campionato Xunta de Galicia de Trail-O e Liga Galega de Sprint 2025 | Pontevedra | 23-24 agosto 2025

O Club Aromon de Pontevedra organiza os vindeiros 23 e 24 de agosto tres probas da Liga Galega de Orientación en Pontevedra.
O sábado 23 ás 17:30 disputarase o Campionato Xunta de Galicia de Trail-O no Mirador de Monteporreiro. O Trail-O é unha modalidade do deporte de orientación enfocada na precisión da lectura do mapa e na toma de decisións, non na velocidade física. O percorrido polo que se desprazan os competidores é accesible e apto para persoas con movilidade reducida e dende puntos de observación determinados deben identificar cal de varias balizas no terreo corresponde á indicada mapa.
O sábado 23 ás 21:30 terá lugar a 3ª proba da Liga Galega de Sprint na Illa das Esculturas e será unha carreira nocturna na que será obrigatorio o uso de frontal.
Finalmente, o domingo 24 de agosto ás 11 despediremos a fin de semana coa 4ª proba da Liga Galega de Sprint no casco urbano de Pontevedra.
As inscricións están abertas ata as 23:50 do próximo domingo 17 de agosto. Para apuntarse, as persoas socias de Ártabros non federadas en orientación deben mandar un correo a alfonsomancera@gmail.com indicando nombre completo, DNI, fecha de nacimiento e categoría (iniciación currta ou longa).
Os últimos detalles da proba (horarios, prezos, distancias, información técnica…) iranse publicando na web da Federacíón Galega de Orientación no evento correspondente.
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.