Os Clubs SEO e Gallaecia Raid organizan o vindeiro 6 de setembro a 4ª proba da Liga Galega de MTBO en Ordes (A Coruña).
Trátase dunha carreira de distancia media a realizar en bicicleta de montaña na que o percorrido é segredo para os participantes e só o coñecerán cando se lles entreguen os
mapas no momento da saída, debendo completalo no menor tempo posible. Está expresamente prohibida a progresión fóra dos camiños representados no mapa e
autorizados para o efecto mediante símbolos coñecidos por todos os participantes.
As inscricións están abertas ata as 23:50 do próximo domingo 17 de agosto. Para apuntarse, as persoas socias de Ártabros non federadas en orientación deben mandar un correo a alfonsomancera@gmail.com indicando nombre completo, DNI, fecha de nacimiento e categoría (iniciación curta ou longa). As persoas federadas deberán inscribirse como é habitual a través da intranet da FEGADO.
Os últimos detalles da proba (horarios, prezos, distancias, información técnica…) iranse publicando na web da federación Galega de Orientación.