Sociedad de Montaña Ártabros

Sociedad de Montaña Ártabros
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Curso de Montañismo – Nivel 1 – FGM

14 marzo, 2015 @ 8:00 - 15 marzo, 2015 @ 18:00

   Curso Montañismo Invernal I

Fechas:  14 e 15 de marzo. (Recomendable chegar a durmir o venres 13)

LUGAR: Peña Ubiña (San Emiliano, León). O lugar e data de celebración do curso poderá variar en función das condicións meteorolóxicas e da neve existente.

PREZO: 85 €

TRANSPORTE: Dentro do compromiso que debemos de ter todos os montañeiros e montañeiras co medio ambiente, o uso racional dos medios de transporte deben de ser un valor na nosa actividade deportiva e por elo te recomendamos que ofrezas, se podes, a posibilidade de compartir coche; entre outras cousas moi importantes, reducirás o gasto económico da viaxe.

ALOXAMENTO: A noite do venres e sábado están xa pagadas no Refuxio da FGM no lugar de Torrebarrio (que está no centro do barrio alto e ao que chegas co coche) coa cota de inscrición no curso. Só tes que levar saco de durmir e material hixiénico.

MANUTENCIÓN: poderás facer dous almorozos e dúas ceas no refuxio, coa túa propia cocinilla e productos (ainda que para cear poderás disfrutar dos restaurantes da zona). Para xantar recomendamos a comida de monte típica e bebida quente nun termo que terás que levar á montaña cada día.

DESTINATARIOS/AS: Curso dirixido a aqueles deportistas que queiran iniciarse con seguridade nas técnicas de progresión na montaña en terreo nevado.

OBXECTIVOS
– Aprender e practicar as diferentes técnicas de progresión e seguridade en terreo nevado.
– Coñecer o medio no que se desenvolve a actividade, os seus riscos, e como evitalos.
– Que o alumno sexa capaz de realizar con seguridade ascensións sinxelas en condicións invernais con autonomía.

TEMARIO
Material de montañismo invernal
Manexo do piolet e crampóns
Autodetención
Técnica de progresión en neve
Ascenso/descenso sen/con crampóns
Perigos da montaña nevada
Técnica de progresión e dinámica dunha ascensión.
Manexo ARVA e rescate en avalanchas

PROFESORADO: Formado por membros da EGAM con experiencia en actividades deportivas en alpinismo e montañismo en cursos de deportistas.

RATIO: 1 profesor/a cada 8 alumnos/as

PRAZAS: O número de prazas é de 16, cubríndose por estricta orde de inscrición.        O número mínimo de asistentes para realizar o curso será de 6 persoas.

HORAS LECTIVAS: 16 horas.

REQUISITOS
– Estar en posesión da licencia federativa do ano en curso.
– Permiso familiar para os menores de 18 anos.

MATERIAL NECESARIO: Crampóns con antizuecos, piolet de travesía con dragonera, casco, bota cramponable (ríxida ou semiríxida), gafas de factor 3 (mínimo), crema solar factor 15 mínimo e polainas.

INSCRICIÓN: Te podes inscribir na secretaría do teu clube, ou o interesado/a directamente na propia FGM. A inscrición non será definitiva ata que se faga efectivo o pagamento. A data límite será ata o venres antes do inicio do curso e no caso de máis solicitudes que prazas, a distribución das mesmas será realizada en función do número de licencias de cada clube.

Máis información en www.fgmontanismo.com

Detalles

Comienza:
14 marzo, 2015 @ 8:00
Finaliza:
15 marzo, 2015 @ 18:00
Categorías del Evento:
,

Local

Torrebarrio (León)