O noso correcamiños do próximo 16 de decembro percorre terras de Ordes. E por seren o último do ano ten duas caracteristicas diferenciais, unha delas é que eu non fago estas notas en galego, polo tanto é unha novidade e téndesme que perdoar que teña algunha falta ortográfica ou de sintaxis, pero “¡eche o que ai miñas donas e meus señores!”, non son nado en «a terriña Galega».
Pola outra banda estou na obriga de sinalar que nesta ocasión, por coincidir co Nadal, ímolo rematar un poquiño mais cedo, pois temos apalabrado un suculento xantar polo módico prezo de 15€, e vos podo garantir que non quedaredes con fame. De calquer xeito, indicarvos que o asunto da comida é voluntario, o que queira poderá comer o bocadillo, se o leva, e por suposto terá que agardar polos que comen reposadamente para voltares a A Coruña.
Polo tanto, meditadeo ben, e se estades decididos contamos con vos para dito día e facendo incapé en que deberédevos de anotar axiña, porque as prazas dispoñibles son limitadas.
Nota: os 15€ somentes cubre o xantar, a maiores haberá que abonar o custo da excursión. O xantar será no Hotel Sta. Cruz, En Sta. Cruz de Montaos.