Sociedad de Montaña Ártabros

Sociedad de Montaña Ártabros
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Coñece e camiña – Río Barbantiño (Ourense)

22 abril, 2012

Imos percorrer boa parte do río Barbantiño, comezando no concello de Vilamarín e
pasando polos de Cea, Maside e Punxín. Este río, afluente do Miño, pódese percorrer
practicamente en toda a súa totalidade, aínda que nalgunhas zonas o sendeiro está
bastante deteriorado; pero para iso estamos os artabrinos, para loitar coas silvas e co que
se nos poña diante con tal de acadar a nosa meta.

Ao longo do seu percorrido atopanse muiños, fermosas pontes, poldras (tamén chamadas
pasais) e moitas sorpresas.

Comezamos a nosa andaina no concello de Vilamarín no pobo de Sobreira. Ao pouco
de camiñar atopámonos co Pazo do Rego, de propiedade privada. O edificio de planta
poligonal en dous niveis, ten capela adosada e na finca atópanse un horreo, un pombal
e un muiño. Seguindo o noso camiño, iremos xa cara ao río Barbantiño, co que nos
atoparemos en Ponte Sobreira, fermosa ponte medieval pola que pasa o camiño xacobeo
da Ruta da Prata. Esta ponte separa o concello de Vilamarín do concello de Cea. A súa
orixe remóntase aos séculos XIII ou XIV, según se deduce da inscrición do pretil sobre
a súa reconstrucción no XVIII. É unha ponte de arco único lixeiramente apuntado, con
multitude de marcas de canteiro, destacando sobre todo os remates que ten tanto ao inicio
como ao final.

Inciamos agora o percorrido pola marxe dereita do río, onde nos iremos atopando vellos
muiños e fermosa vexetación pero tamén algunhas silviñas. Búscanse voluntarios para
iniciar a marcha ¿Quen se ofrece?. Nos vos asustedes, levase ben, pero aconsellamos
non levar pantalón curto.

Paseniño, paseniño, unhas veces ao carón do río e outras por camiños paralelos,
chegaremos ao pobo chamado Os Carris, onde atoparemos unha curiosa construcion
(antigua noria) bastante ben conservada. Seguimos agora cara a Ponte Mandrás.

A Ponte Mandrás, con arco de medio punto e calzada enlousada, data do século XVIII
e da paso tamén á ruta xacobea. Aquí visitaremos o centro de interpretación no que se
atopan varios muiños e uns paneis explicativos encol das diferentes construcións que
atoparemos no noso percorrido ao longo do río.

Volvendo ao noso camiño, e xa pola marxe esquerda do río imos agora cara a seguinte
ponte “Ponte San Fiz”. Este tramo do río é especialmente fermoso pola súa vexetación e
recunchos.

A “Ponte San Fiz” dos séculos XIII-XIV con dous arcos apuntados de distinto tamaño,
atópase no antiguo Camiño Real que unía Ourense con Santiago. Nun dos seús lados hai
un tramo de 300 metros de calzada, que conserva a pedra orixinal.

Seguimos agora polo camiño natural do río Barbantiño. Primeiro pasaremos un pequeno
tunel que vai por baixo da vía do tren. Ao sair atoparémonos cun espazo aberto que nos
leva á presa do Barbantiño. A ruta continúa agora nun descenso serpenteado que nos
acerca ata os “Muiños das Penas” que poñen de manifiesto a importancia da cultura da

auga en Galicia. Xunto aos muiños atópase unha fermosa fervenza de 15 metros de
altura, chamada “Fervenza do Barbantiño” ou do Cachón. Esta fervenza irregular, de
diferentes niveis, á que dan forma as pedras moldeadas polo paso do tempo e da auga.
As pozas finais son lugar de baño e lecer.

A ruta continúa agora por cómodos sendeiros que ofrecen espectaculares vistas cara ao
Barbantiño, xa que se camiña a uns 10 metros de altura sobre o nivel do río.

Abandonamos agora o camiño natural para seguir polo río ata unha ponte, que
cruzaremos, para continuar pola marxe dereita ata chegar ao pobo de Barbantes, onde
remata a nosa camiñata.

Nivel de dificultade: media; técnica: baixa. Distancia aprox. 17 km. Desnivel: non apreciable.

Saída ás 8,00, do Estadio de Riazor. Parada na panadería. Recollida en Alfonso Molina ás
8.15. Para fora de Coruña falar coa organización: tel. 646358825. Tomaremos café polo
camiño.

O que hai que levar: xantar, auga, imprescindible botas, roupa según a predición metereolóxica.
Tamén se recomenda levar bañador. No caso de que o tempo o permita, poderemos
mergullarnos nas limpas augas do Barbantiño.

Mapas utilizados:187-II Cea e 187-IV Ourense.

Prezo: Socios federados 9€, non federados 10€ , e non socios 15€

Nº Plazas: 55

Inscripción: – Por mail a artabros@artabros.org

Por teléfono ó 981213115 de luns a venres de 20 a 22 horas

Na oficina de Artabros en Rúa Sta. Teresa 14 (al lado del DOMUS)

Indicar Nome e apelidos, nº de teléfono e lugar de recollida (Riazor ou Alfonso
Molina) . O número de conta para o ingreso ou transferencia é:

NOVAGALICIA BANCO: 2080 5565 00 3040002362

Detalles

Fecha:
22 abril, 2012
Categoría del Evento: