Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

A MONTAÑA NAVIEGA – os ancares descoñecidos

28 abril, 2017 | 8:00 - 1 mayo, 2017 | 17:00

A MONTAÑA NAVIEGA – OS ANCARES DESCOÑECIDOS

Ponte de maio de 2017

Nesta ponte do 1 de maio desprazarémonos a Navia de Suarna para afondar e responder á pregunta: ¿Qué hai nos nosos Ancares que non sexa subir aos picos da cordal?. Pois ben, hai moito máis que subir aos picos entre o Penarrubia e o Miravalles, e ímolo descubrir. Dous xigantescos e impactantes desfiladeiros e unha área montesía cun valor etnográfico incríbel. Os desniveis das rutas oscilarán entre os 550 m. e os 1.200 m. e as distancias a percorrer serán de 24, 20.3 e 12.6 qm.

DESCRICION DAS RUTAS:  Pinchar Aquí

DATAS: do venres 28 de abril ao luns 1 de maio de 2017. Por mor de que dúas das rutas superan os 20 qm. será preciso saír o venres para poder facelas con tempo dabondo, polo que a duración da actividade é de 4 días (como unha supra ponte).

LUGAR E HORA DE SAÍDA: Praza Casares Quiroga – 19:30 h do venres 28 de abril. Chegada cara á noite do luns 1 de maio.

Nº DE PRAZAS: 30  (5 delas abertas a non socios -en período de proba-, ata 10 días antes do comezo da actividade).

NIVEL TÉCNICO: Baixo        NIVEL FÍSICO: Medio.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do luns 6 de marzo ao venres 21 de abril. Por mor de liberar as prazas non cubertas na única ponte deste primeiro semestre de 2017, o prazo rematará cunha semana de antelación á saída.

COTA DA ACTIVIDADE:

Socios Federados:             144 €                   Non Socios Federados:      160 €

Os non federados terán que aboar o custe da contratación do seguro de accidentes: 15€

O PREZO INCLÚE: A actividade de 4 días na ponte do 1 de maio inclúe viaxe de ida e volta en autocar, desprazamentos ás 3 saídas de ruta e aloxamento en réxime de media pensión (3 noites de durmir, 2 ceas – ás do sábado 29 e domingo 30 -, e 3 almorzos – os do sábado 29, o domingo 30 e luns 1-).

PREINSCRICION E RESERVA DE PRAZA:  É posíbel a reserva de praza durante as primeiras dúas semanas do prazo, so mediante o abono dun anticipo de 20 €, previa solicitude ao correo electrónico a artabros@artabros.org ou ao teléfono 981 21 31 15 en horario de 20 a 22 h de luns a venres. No resto do prazo se reserva só co ingreso do total da cota.

PAGAMENTO: Primeiro pagamento a realizar entre o 06 e o 18 de marzo (20 €).  Segundo pagamento co resto da cota: ata o 21 de abril. Os pagamentos efectuaránse:

  • Na secretaría do Club en c/ Santa Teresa, 14 (a rentes do museo DOMUS) de 20 a 22 h de luns a venres.

–    Ingresando o importe da actividade na conta ES25-2080-5565-0030-4000-2362  (ABANCA, titular: SM Ártabros), e enviando o resgardo do ingreso ou transferencia.

Datos necesarios: Nome Completo + Nº teléfono + DNI

Nos ingresos por banco o concepto será: Nome + MONTAÑA NAVIEGA.

Tamén, durante todo o prazo de inscrición, se poderá ingresar un único pagamento co total da cota.

MATERIAL NECESARIO: O usado decote para camiñadas dun día por carreiros de montaña.

ALOXAMENTO: O aloxamento será na vila de Navia de Suarna na casa de turismo rural Casa do Catalán e no Hostal El Deporte con magníficas instalacións. Máis información en https://youtu.be/E6q55TeT1AM.

CEAS NAVIEGAS: Como non, cada vez que visitamos unha zona, despois das camiñadas que adoitamos facer, nos merecemos degustar os pratos típicos. Así teremos o pracer de gustar de saborosos pratos no Restaurante Aarau. Os almorzos serán na cafetería O Recreo.

MONITORES:   Arximiro e equipo.

DÚBIDAS: Tfno. Ártabros 981213115 (No horario de 20:00 a 22:00 h de luns a venres).

NAVIA DE SUARNA: Navia de Suarna ten un ben conservado casco histórico. A Ponte Vella de orixe romano sobre o río Navia e o castelo roqueiro son os iconas da vila, pero a rúa Subcastelo, a praza da vila, a praza do Chao da Torre, os casaríos ben conservados da zona este e os paseos recuperados por ambas marxes do río, así como algún dos máis de dez bares que ten a vila, pagarán a pena visitalos durante a nosa estadía.  Máis información en  http://www.concellonaviadesuarna.es/.

Visitaremos ademáis moitas das aldeas máis coñecidas dos Ancares e moitas máis case descoñecidas. Ademáis de Piornedo e Suárbol, veremos outras ben feiticeiras como Castelo, Coro e Coruxedo, e outra media ducia delas acubilladas nos lugares máis ignotos da serra.

Detalles

Comienza:
28 abril, 2017 | 8:00
Finaliza:
1 mayo, 2017 | 17:00
Categorías del Evento:
,