COBRES – SALINAS DE ULLÓ – LAGOA DE CASTIÑEIRAS

Concello de Vilaboa ( Pontevedra )

Para principiar o ano, comezamos a campaña cunha ruta nunca antes realizada, pola ría de Vigo. Utilizamos dous sendeiros recentemente preparados pola Asociación de Desenvolvemento Rural de Pontevedra. A ruta comeza en Cobres, preto de Larache. collendo o chamado Sendeiro dá Croa. Na súa primeira metade discorre por un camiño ancho, chairo e doado, en gran parte, pegado á ría de Vigo, cunhas magníficas vistas das Illas Alvedosas e a Isla de San Simón, por terreo de abundante vexetación, con viñedos, e bosques de carballos, bidueiros, ameneiros e ata tamarindo. Así chegamos ata as Salinas de Ulló, que rodearemos polo longo muro dique que as pecha.

Nas salinas enlazaremos co Sendeiro de Chan de Vilar e Muiños de Vilaboa que nos levará o lagoa de Castiñeiras. Aquí empezamos a segunda parte da ruta que en suave pero contínua ascensión nos meterá nun pechado bosque ata a lagoa. De camiño veremos uns cantos muíños mal conservados, nun bosque pechado polo que podemos pasar grazas ao traballo de marcado e limpeza da asociación. Así chegaremos ao alto sobre as 16 horas, para xantar na área recreativa, ou a cuberto na Área de Natureza, que nos abrirán se chove.

Despois de xantar, se o tempo nos acompaña, subiremos en 15 minutos, ao miradoiro de Cotorredondo, cunhas grandes vistas de toda a ría.

Distancia total: 16 km. Desnivel acumulado: 550 m. ata o miradoiro.

Sobre as 9 horas, pararemos en Santiago para recoller xente, diante do Pazo de Congresos.

Monitores David Jove e Santiago Martínez.