Día 30:
Ruta da Devesa de Paderne e da Escrita. Lonxitude: 16Km. Difilcultade: Media
Comeza e remata en Seoane,visitaremos aldea de Paderne con varias casas de Turismo rural e o souto de Mercurín, e a ferrería nova de Seoane.

Día 31:
Ruta do Lor: Lonxitude 17 Km. Dificultade: Media
Comeza en Ferreirós de Abaixo e remata na aldea de Froxán (toda ela de pedra) pasaremos por Touzón, A Pendella, A Campa, e pola fermosa aldea do Vilar onde visitaremos o seu souto e o seu castro. No caso de moita choiva faremos como alternativa o alto do couto e a Devesa da Rogueira.

Día 1:
Ruta do Río Soldón: Lonxitude 13 Km. Dificultade: Media
Comeza na pintoresca aldea de Soldón de Sequeiros ao Carón do Sil e remata na ferrería de Rugando-Vilarmel. Ao longo do percorrido veremos varias albarizas e varios sequeiros, veremos de fronte o Teso dos Mouros e visitaremos a Pena Furada de orixe romana, cruzaremos o río Soldón polas súas pontes de madeira.

NOTA: Recordar llevar cena del dia 29 ( de la salida,) asi como ir equipado con calzado adecuado, prenda de agua y de abrigo y aquel que las tenga, polainas «gretes». No es necesario saco de dormir.