VETERANOS ACTIVOS | RUTA DOS MIRADOIROS RIBEIRA SACRA DO RÍO SIL (Ourense) | MÉRCORES 21 DE OUTUBRO DE 2026

O vindeiro 21 de outubro gozaremos dunha xornada de natureza, patrimonio, sendeirismo e paisaxes inesquecibles no corazón da Ribeira Sacra.Comezaremos a xornada visitando o histórico Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e facendo un pequeno percorrido pola súa contorna, entre antigos camiños, castiñeiros e vestixios da paisaxe tradicional.
Dende as proximidades de Vilouxe iniciaremos a nosa ruta a pé. O abraiante Miradoiro de Vilouxe ofreceranos unha magnífica panorámica do meandro do Sil e do Coto das Boedas. Continuaremos entre bosques de castiñeiros, olmos e piñeiros ata o Miradoiro das Escadas, dende onde contemplaremos a profundidade e a grandiosidade do val.
A ruta levaranos finalmente ata Pé do Home, cunha espectacular vista sobre o río. Quen o desexe poderá descansar en Cerreda, mentres o resto continúa o percorrido.Se o tempo o permite, remataremos en Penedos do Castro, dende onde gozaremos dunha privilexiada panorámica do mosteiro e da unión dos ríos Cabe e Sil.
Tedes máis datos, no documento informativo que podedes descargar aquí
Nº de prazas: 52
Custo : Socio de número/aspirante: 15 € Non socio de número/aspirante: 19€
Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/142/VETERANOS-21-OCTUBRE/
Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71
¡¡OLLO!! A saída será ás 8:00 h desde as paradas habituais de Riazor, Juan Flórez, Alfonso Molina e Carrefour.
Visita guiada opcional a iglexa do Mosteiro de San Estevo, 45 minutos. Custo 4 euros, que recolleremos no bus. Lembrade levalos en moedas.
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.