VETERANOS ACTIVOS | RÍO BARBANTIÑO – PUNXÍN (Ourense) | MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2026

A ruta levaranos ata unha das paisaxes máis agradables do interior ourensán, a ribeira do río Barbantiño. Trátase dun percorrido accesible e tranquilo que transcorre por un val húmido e sombreado, típico dos pequenos cursos fluviais galegos, con bosque autóctono e presenza continua da auga, da sombra e da vexetación. En conxunto esta ruta combina natureza, patrimonio e un percorrido sinxelo, ideal para coñecer unha paisaxe fluvial de gran beleza e para desfutar dunha xornada serena ao carón do río.
Antes comezar a camiñar, visitaremos o Mosteiro de Oseira dos séculos XII/XIII de estilo románico oxival con grandes ampliacións barrocas.
Tedes toda a información neste documento:
Nº de prazas: 55
Custo : Socio de número/aspirante: 15 € Non socio de número/aspirante: 19€
Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/104/Veteranos-Activos-27-de-mayo-2026/
Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71
¡¡OLLO!!. A saída será ás 8,30 h de Riazor coas paradas habituais
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.