COÑECE E CAMIÑA | VETERANOS ACTIVOS | CALDEIRAS DO RÍO CASTRO-RUTA DOS MUIÑOS |MUXÍA ( A Coruña) | DOMINGO 13 DE DECEMBRO DE 2026

Para pechar o ano 2026, e inspirándonos no Camiño de Santiago cara a Fisterra e Muxía, exploraremos dous tramos do itinerario. En primeiro lugar, pouco despois de Dumbría, visitaremos «As Caldeiras do Castro» a primeira hora da mañá. Máis tarde, preto de Muxía, seguiremos o camiño pasando polo mosteiro de Moraime, seguindo polos muíños do río Negro ata chegar ao mar e, cruzando a praia e o outeiro, remataremos a xornada na vila de Muxía cun xantar de grupo, que reunirá os participantes dos programas «Veteranos Activos» e «Coñece e Camiña».
Trátase dunha ruta sinxela e sen grandes dificultades, duns 10 km en total: 3 km para chegar ás «Caldeiras» e 6,5 km para o tramo de Moraime a Muxía.
Tedes toda a información neste documento.
Reservouse o xantar no restaurante Son de Mar para as 14:30 h, cun menú que consta de:
– Sopa de peixe e marisco
– Lombo de porco tenro asado ao forno con salsa de cogomelos, acompañado de guarnición (patacas e ensalada)
– Sobremesa
– Bebidas: viño branco e tinto, auga, refrescos e limonada
– Café de pota tradicional ou infusións
O prezo é de 23 €/persoa, que se aboará no momento da inscrición. Quen cancele a súa participación despois do 4 de decembro perderá o importe pagado, a non ser que a súa praza sexa ocupada por outra persoa.
Tedes toda a información neste folleto:
Nº de prazas: 52
Socio de número: 15 € Non socio de número/aspirante: 19€
Para realizar a inscrición, é necesario acceder a esta ligazón: https://artabros.playoffinformatica.com/actividad/157/VETERANOS-CYC-CALDEIRAS-DO-RIO-CASTRO/
Información: Teléfono/WhatsApp: 623 50 47 71
A saída será ás 8:00 h desde as paradas habituais
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.