MONTAÑISMO EN FAMILIA – Orientación, roteiro educativo e escalada.

Actividade para participar en familia na que poderedes coñecer e iniciaros no deporte da orientación, aproveitando a celebración da 4ª proba da Liga Galega de Orientación a pé. Proba organizada conxuntamente polo Club de Orientación Liceo, Sociedad de Montaña Ártabros e Gallaecia Raid , no Concello de Oleiros na contorna da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física (antiga INEF), Praia de Bastiagueiro e Bosque dos Veciños. Pola tarde realizaremos un roteiro de divulgación mediambiental coa colaboración do CEIDA, onde podremos aprender moitas cousas de fauna e flora na costa de Dexo, e despois practicar algo de escalada na zona de escalada de Mera.
Esta actividade está dirixida socias e socios de Ártabros, e achegados.
Data límite de inscripción para a carreira: Sábado 2 maio 23:50h.
INICIACIÓN A ORIENTACIÓN:
https://fegado.es/events/view/3gqq6mg3r8uo/
Punto de encontro:
- 9:30h.Parking de INEF (Bastiagueiro).
- 10:00 Explicación da actividade.
- 11:00– 11:30 Inicio da carreira en grupo acompañados dos monitores no percorrido de iniciación corta.
- 13:00-13:30Hora aproximada de fin da actividade.
- 14:00h. Xantarde pícnic (cada un o seu).
- 16:00h.
Chegada ó aparcadoiro de Monte Mean.
- 16:30 – 18:00h. Roteiro de divulgación mediambiental.
. 18:30h. Escalada na zona de escalada de Mera.
Requisitos:
- Os menores terán que ir acompañados en todo momento dalgún adulto ó seu cargo.
- No se require experiencia previa, pero os participantes terán que ser capaces de completar camiñando un percorrido de 3-4 km por sendeiros e bosque con pouco desnivel.
Material necesario para a orientación:
- Mochila pequena.
- Auga.
- Roupa e calzado cómodos. Recoméndase levar pantalón longo e chubasqueiro.
- Brúxula e Tarxeta Sportident (en caso de no tener una, será proporcionada pola organización).
- Roupa de reposto.
Material necesario para a escalada:
- Roupa e calzado cómodo.
- Casco, arnés e pes de gato (en caso de non ter, será proporcionado pola organización).
- Auga.
Transporte en coches particulares.
Descubre más desde Sociedad de Montaña Ártabros
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.