BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Sociedad de Montaña Ártabros - ECPv6.15.17.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://artabros.org
X-WR-CALDESC:Eventos para Sociedad de Montaña Ártabros
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20130331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20131027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20140330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20141026T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20150329T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20151025T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20141011T080000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20141012T200000
DTSTAMP:20260405T121251
CREATED:20140626T111306Z
LAST-MODIFIED:20141003T080035Z
UID:3315-1413014400-1413144000@artabros.org
SUMMARY:RIBEIRA SACRA OURENSÁ
DESCRIPTION:Datas: 11 e 12 de outubro de 2014 \nEliximos para esta saída de outono un dos espazos naturais máis recoñecidos de \nGalicia\, a Ribeira Sacra\, pero precisamente aquela parte máis afastada\, máis recóndita\, menos comunicada\, máis difícil de coñecer para aqueles que vivimos preto do golfo ártabro\, por mor da distancia a percorrer que fan que non estea doadamente ao alcance de excursións dun so día. \nE imos no outono\, a estación axeitada para contemplar os fermosos bosques de ribeira\, os soutos\, as reboleiras e os socalcos das viñas case sempre situados nas fortes pendentes que dan ao Sil e nos fondos e escuros cavorcos dun dos seus afluentes principias\, o Mao\, case un santuario do barranquismo galaico. \nNeste lugar faremos dúas excursións: \nA primeira será de percorrido das varudas pendentes que dan ao Sil nos seus lugares máis accidentados\, con fortes pendentes\, de visita a restos de cenobios da idade media e casarellos hai anos deshabitados\, de miradoiros\, dende os antigos de sempre ata os máis modernos\, aproveitando atalaias sobre o baleiro. Tamén de soutos e fragas e\, como non\, visitando algúns dos lugares esgrevios do espazo natural. \nA segunda\, da natureza constrinxida\, xirará sobre un dos ríos máis accidentados na súa baixada cara ao Sil\, o Mao\, que forma un profundo cavorco case impenetrable que unha xeira de pasadoiros de madeira\, instalados hai pouco\, tenta domar no seu tramo final e unha antiga e vertixinosa canle permite percorrer no seu tramo medio. Tamén será de socalcos e de viñas\, de reboleiras\, de pontes medievais e de curiosos aldeamentos\, dende os máis baixos\, a carón do Sil ata os más altos na serra\, xa de gando e cereais. Asemade veremos un dos lugares máis enigmáticos da Ribeira Sacra\, unha necrópole con sartegos de estraña xeometría esculpidos na rocha e cos restos da hermida nun relanzo rochoso abaneando no baleiro. \nPara as dúas excursións: Distancia: entre 17 e 22 km. Desniveis acumulados tanto positivos como negativos: entre 700 e 1000 m. Dificultade técnica: baixa. Dificultade física: media. \nSaída ás 08h do sábado 11/10/2014 da praza Casares Quiroga\, a rentes do parque infantil de Elviña (mesmo lugar das últimas saídas). \nPrezo (inclúe durmida\, cea do sábado e almorzo do domingo): \n– Socios federados 68 €                        – Non Socios federados 88 €. \n– Nin federados nin socios 88 € mais o custe do seguro a tramitar na secretaría da S. M. Ártabros. \nXeito de facer o pago: 20 € dende o 1 de setembro ata o 20 do mesmo mes\, para preinscrición e como fianza necesaria para facer reserva das prazas. Resto do prezo antes do 4 de outubro. \nAloxamento: no albergue “A Fábrica da Luz” rehabilitado en 2011 por unha premio nacional de arquitectura. Conta con aula e sala de exposicións. Inclúense sabas e toallas. Descrición completa no seguinte sitio: afabricadaluz.com/‎. \nDescarga el Tríptico Aquí \n 
URL:https://artabros.org/evento/ribeira-sacra-ourensa/
LOCATION:Ribeira Sacra
CATEGORIES:Otras Actividades,Senderismo
END:VEVENT
END:VCALENDAR