BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Sociedad de Montaña Ártabros - ECPv6.15.17.1//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Sociedad de Montaña Ártabros
X-ORIGINAL-URL:https://artabros.org
X-WR-CALDESC:Eventos para Sociedad de Montaña Ártabros
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20110327T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20111030T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20120325T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20121028T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20130331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20131027T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20120422
DTEND;VALUE=DATE:20120423
DTSTAMP:20260408T001204
CREATED:20120314T104206Z
LAST-MODIFIED:20120314T104206Z
UID:1135-1335052800-1335139199@artabros.org
SUMMARY:Coñece e camiña - Río Barbantiño (Ourense)
DESCRIPTION:Imos percorrer boa parte do río Barbantiño\, comezando no concello de Vilamarín e\npasando polos de Cea\, Maside e Punxín. Este río\, afluente do Miño\, pódese percorrer\npracticamente en toda a súa totalidade\, aínda que nalgunhas zonas o sendeiro está\nbastante deteriorado; pero para iso estamos os artabrinos\, para loitar coas silvas e co que\nse nos poña diante con tal de acadar a nosa meta. \nAo longo do seu percorrido atopanse muiños\, fermosas pontes\, poldras (tamén chamadas\npasais) e moitas sorpresas. \nComezamos a nosa andaina no concello de Vilamarín no pobo de Sobreira. Ao pouco\nde camiñar atopámonos co Pazo do Rego\, de propiedade privada. O edificio de planta\npoligonal en dous niveis\, ten capela adosada e na finca atópanse un horreo\, un pombal\ne un muiño. Seguindo o noso camiño\, iremos xa cara ao río Barbantiño\, co que nos\natoparemos en Ponte Sobreira\, fermosa ponte medieval pola que pasa o camiño xacobeo\nda Ruta da Prata. Esta ponte separa o concello de Vilamarín do concello de Cea. A súa\norixe remóntase aos séculos XIII ou XIV\, según se deduce da inscrición do pretil sobre\na súa reconstrucción no XVIII. É unha ponte de arco único lixeiramente apuntado\, con\nmultitude de marcas de canteiro\, destacando sobre todo os remates que ten tanto ao inicio\ncomo ao final. \nInciamos agora o percorrido pola marxe dereita do río\, onde nos iremos atopando vellos\nmuiños e fermosa vexetación pero tamén algunhas silviñas. Búscanse voluntarios para\niniciar a marcha ¿Quen se ofrece?. Nos vos asustedes\, levase ben\, pero aconsellamos\nnon levar pantalón curto. \nPaseniño\, paseniño\, unhas veces ao carón do río e outras por camiños paralelos\,\nchegaremos ao pobo chamado Os Carris\, onde atoparemos unha curiosa construcion\n(antigua noria) bastante ben conservada. Seguimos agora cara a Ponte Mandrás. \nA Ponte Mandrás\, con arco de medio punto e calzada enlousada\, data do século XVIII\ne da paso tamén á ruta xacobea. Aquí visitaremos o centro de interpretación no que se\natopan varios muiños e uns paneis explicativos encol das diferentes construcións que\natoparemos no noso percorrido ao longo do río. \nVolvendo ao noso camiño\, e xa pola marxe esquerda do río imos agora cara a seguinte\nponte “Ponte San Fiz”. Este tramo do río é especialmente fermoso pola súa vexetación e\nrecunchos. \nA “Ponte San Fiz” dos séculos XIII-XIV con dous arcos apuntados de distinto tamaño\,\natópase no antiguo Camiño Real que unía Ourense con Santiago. Nun dos seús lados hai\nun tramo de 300 metros de calzada\, que conserva a pedra orixinal. \nSeguimos agora polo camiño natural do río Barbantiño. Primeiro pasaremos un pequeno\ntunel que vai por baixo da vía do tren. Ao sair atoparémonos cun espazo aberto que nos\nleva á presa do Barbantiño. A ruta continúa agora nun descenso serpenteado que nos\nacerca ata os “Muiños das Penas” que poñen de manifiesto a importancia da cultura da \nauga en Galicia. Xunto aos muiños atópase unha fermosa fervenza de 15 metros de\naltura\, chamada “Fervenza do Barbantiño” ou do Cachón. Esta fervenza irregular\, de\ndiferentes niveis\, á que dan forma as pedras moldeadas polo paso do tempo e da auga.\nAs pozas finais son lugar de baño e lecer. \nA ruta continúa agora por cómodos sendeiros que ofrecen espectaculares vistas cara ao\nBarbantiño\, xa que se camiña a uns 10 metros de altura sobre o nivel do río. \nAbandonamos agora o camiño natural para seguir polo río ata unha ponte\, que\ncruzaremos\, para continuar pola marxe dereita ata chegar ao pobo de Barbantes\, onde\nremata a nosa camiñata. \nNivel de dificultade: media; técnica: baixa. Distancia aprox. 17 km. Desnivel: non apreciable. \nSaída ás 8\,00\, do Estadio de Riazor. Parada na panadería. Recollida en Alfonso Molina ás\n 8.15. Para fora de Coruña falar coa organización: tel. 646358825. Tomaremos café polo\n camiño. \nO que hai que levar: xantar\, auga\, imprescindible botas\, roupa según a predición metereolóxica.\nTamén se recomenda levar bañador. No caso de que o tempo o permita\, poderemos\nmergullarnos nas limpas augas do Barbantiño. \nMapas utilizados:187-II Cea e 187-IV Ourense. \nPrezo: Socios federados 9€\, non federados 10€ \, e non socios 15€ \nNº Plazas: 55 \nInscripción: – Por mail a artabros@artabros.org \nPor teléfono ó 981213115 de luns a venres de 20 a 22 horas \nNa oficina de Artabros en Rúa Sta. Teresa 14 (al lado del DOMUS) \nIndicar Nome e apelidos\, nº de teléfono e lugar de recollida (Riazor ou Alfonso\nMolina) . O número de conta para o ingreso ou transferencia é: \nNOVAGALICIA BANCO: 2080 5565 00 3040002362
URL:https://artabros.org/evento/conece-e-camina-rio-barbantino-ourense/
CATEGORIES:Senderismo
END:VEVENT
END:VCALENDAR