CAMPAÑA COÑECE E CAMIÑA. MUIÑOS DE SAMIEIRA-BOSQUE DE SEQUOIAS -COMBARRO (Pontevedra)  DOMINGO 21 DE MAIO DE 2023

       En maio con moitas horas luz, imos ata o concello de Poio (Pontevedra) para facer esta preciosa e variada ruta que ningén debería deixar de coñecer. Pasa por 23 muiños (10 rehabilitados), polos petroglifos de Outeiro de Gribo, para chegar o medio día ao bosque de secuoias californianas, hoxe chamado Bosque de Colón, a máis importante plantación de Europa.

    Pola tarde baixaremos ata costa para chegar a Combarro, onde rematará a ruta. Está considerado un dos pobos maiñeiros máis bonitos de Galicia, polo seu casco histórico e o conxunto de 60 hórreos, moitos deles pegados ao mar. Teremos tempo para visítalo.   

    Tedes toda a información neste documento: 

https://artabros.org/wp-content/uploads/2023/05/C.Camina-21-maio-2023.pdf

Distancia: 16 km

 Desnivel positivo: 695 m – Desnivel negativo: 662 m
 Dificultade técnica: Baixa
 Dificultade física: Media

 Información e inscricións: Tel. 981 213115 / correo: artabros@artabros.org

Clave para incluir no pago por transferencia:  71200401

Conta: ES25-2080  5565 0030 4000 2362

Custo actividade:  Socios 17€   Non  socios 27€

Saída as 8 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, e paradas en Juan Flórez, Alfonso Molina e Carrefour.