CAMPAÑA VETERANOS ACTIVOS. RUTA REGO DO MUIÑOS-CABANA DE BERGANTIÑOS. VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE E CASTRO DE BORNEIRO. MÉRCORES 18 DE XANEIRO DO 2023

Para comezar o ano, ímonos a Cabana de Bergantiños, un lugar próximo e moi coñecido, pero non por iso menos interesante para volver a disfrutar dous seus cómodos camiños de bosque (moi protexidos das borrascas), e dos importantísimos Dolmen de Dombate e Castro de Borneiro. Nunha cómoda baixada coñeceremos a preciosa ruta do Rego dos Muiños que remata no estuario do río Anllóns.

        Nesta ocasión temos que celebrar o Convenio de Colaboración asinado co Concello da Coruña, apoiando e financiado esta campaña pioneira. Isto supón  ofrecela a todo o povo da Coruña, cunha cuota de incripción simbólica,  ao alcance de calqueira que queira participar.

 Tendes toda a información neste documento: Veteranos-Activos-18-1-2023-Cabana-Bergantinos.pdf

 Distancia: 10 – 14km

Desnivel de subida 100m, de baixada 270m.

Dificultade: baixa   

Custo dá inscripción: 5€ . 

Socios Artabros 3€ (Artabros subvenciona con 2€ a actividade aos seus socios).

A forma de facela será a habitual. Mándase un correo-e solicitando a praza, e espérase a confirmación para facer o ingreso. Tamén pódese facer chamando a oficina o pasando por alí. O horario e de luns a xoves de 20 a 22 horas. Venres de 18 a 20 horas.

Dende hoxe queda aberta, e xa pódense mandar as solicitudes, que serán contestadas o próximo luns cando abra a oficina.

SAÍDA: será as 9 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, coas paradas de Xoan Flórez Alfonso Molina, e a nova de Carrefour.

  Pago por transferencia:   Clave 71200388 + nome

   Conta: ES25-2080  5565 0030 4000 2362