Conoce e Camiña Xuño 2011

DE SANTA COMBA A DONIÑOS

 Coñece e Camiña do 19 de Xuño, (percorrido costeiro.)

Por estas terras ás que hoxe achegase Artabros, cabalgaba fai tempo o Conde de Lemos, porque ata aquí chegaban os seus dominios. Os montes polos que cabalgou o de Lemos morren no mar, nos areais da zona de Ponzos. Un destes é o de Santa Comba, que recibe o nome da ermida adicada a esta santa que se atopa na pequena illa  perto da que imos empezar o noso periplo por esta parte da Costa Artabra.

Atravesaremos esta gran praia e, ó seu final, escomenzaremos a subir paseniño. Xa estamos no mitico Cabo Prior e imos indo ata o seu faro por unha pequeña pista asfaltada. Pouco faro para tanto cabo¡¡¡. A máis de 100 m. de altura sobor do mar, ilumiñando as rotas hacia Inglaterra, Prior debería ser outro Fisterra galego. A torturada xeografía do seu asentamento misturase coa paisaxe suave de magníficas praias e dos illotes de “Os Cabalos”, perto da costa.  Aquí podremos visitar, se o desexamos, as antigas baterías costeiras de Prior, hoxe totalmente abandoadas e futura aula da natureza, nunha paraxe de excepción.

Por unha pista de terra e grava  rodearemos o cabo. As antigas pistas das baterías entrecrúzanse polo que foron instalacións defensivas. Pouco a pouco vai xirando o cabo e aparecen  polo surleste os areais de San Xurxo e Esmelle. Ainda hai que pasar por encima de A Cova pequena enseada á que se chega por asfalto, peirao natural de pequenas embarcacións  á que nesta ocasión non imos baixar.

 Cabo Prior tiña en tempos unha pequena enseada onde chegaban as barcas que viñan de cazar a balea, Curiosamente, os privilexios sobre da caza da balea tiñaos o Mosteiro de Sobrado, situado absolutamente ó interior, por privilexio de Fernando II.

 A partires de eiquí chega a civilización en forma de múltiples edificacións sobre os areais de A Fragata e O Vilar, onde posiblemente fagamos a parada para xantar.

Baixaremos logo ó areal de Esmelle, Esmelle nesta parte porque logo cambia de nome polo de San Xurxo segundo se vai estendendo por debaixo dos montes de Mougá ata Vila da Area.

Subiremos entón o pinar de San Xurxo e iremos atravesando o seu fermoso monte, declarado Espacio Natural da Costa Artabra, ata chegarmos a praia e lagoa de Doniños,onde poderemos disfrutar dunha cerveciña e ao millor ata de un merecido chapuzón, tras ter andado uns 18 ou 20 kms. salpicados  de Océano Atlantico.                     ¡Qué os disfrutedes!

 Elena Ferrio.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.