ESCALADA EN VALVERDÍN-PEDROSA e CUEVA DE VALPORQUERO

–     DATAS: 8, 9 e 10 xullo

 –     ACTIVIDADES:   Sábado: Escalada na escola de Valverdín-Pedrosa (León)

                                         Domingo: Espeleobarranquismo na cova de Valporquero (descenso del río subterraneo guiado pola empresa Guheko)

 –     ALOXAMENTO: Albergue Refugio de Montaña Sierro Negro (Lavandera)                                  www.alberguesierronegro.com

Noite do venres e sábado no albergue, en habitación de 16 prazas con literas a 15€ aloxamento/persoa cada noite.  Almorzo 4€, cea 11€.

O Albergue está a 1 Km da escola de escalada de Valverdín-Pedrosa e a 25Km da escola de Aviados

 –     N.º DE PRAZAS: 15

–     PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Data límite venres 3 de xuño.

–     PREZOS: Inscripción 20€ para a actividade da Cueva de Valporquero e 10€ para o albergue.  O resto do coste do aloxamento/comidas do albergue e da Cueva de Valporquero pagarase no momento.

 –     COMIDAS: levar comida de ataque para ó sábado e domingo. Cea do venres cadaquén pola súa conta.  Almorzos e cea do sábado, posibilidade de cear no albergue ou cada un que leve o seu.

 –     MATERIAL: todo o material necesario para escalada deportiva, imprescindible casco. Bañador e botas que se podan mollar. 

–     NIVEL TÉCNICO: É preciso coñecer as técnicas básicas de seguridade e progresión en escalada en rocha.

–     NIVEL FÍSICO: Medio.  A duración da actividade de Espeleobarranquismo en Valporquero e de aprox. 5h, polo que requerirá ter certo estado de forma.

 AVISO: Primeiro realizar a inscripción no listado do club de montaña ártabros e a continuación facer o ingreso correspondente, no que conste o voso nome e apelidos e o código de partida de cargo no concepto do ingreso.

A continuación enviar un correo electrónico (marialamas1982@hotmail.es) confirmando a vosa inscripción e ingreso e facilitarme a vosa talla de pe, altura e peso para a reserva do material de espeleobarranquismo. E confirmar se queredes o almorzo do sábado e domingo e cea do sábado no albergue.

Temos unha pre reserva de 15 persoas para facer o espeleobarranquismo en Valporquero o domingo 10 de xullo pola mañá. Hasta que non realicemos o ingreso de 20€ da reserva non temos formalizada esta reserva.

Calquer dúbida (organización): marialamas1982@hotmail.es

Escalada en Valverdín-Pedrosa            Cueva de Valporquero

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.