COÑECE E CAMIÑA 12 DECEMBRO DO 2010

No próximo mes de decembro, por ser ano santo, rematamos a campaña cunha ruta por un tramo do Camiño Xacobeo de Santiago a Fisterra. Trátase duna excursión especial, xa que sairemos dá Praza do Obradoiro, e remataremos cun xantar nun restaurante en Pontemaceira, (a catro quilómetros de Negreira) a carón do río Tambre, nun marco incomparable dunha aldea medieval. A súa ponte gótica de cinco arcos, data do século XIV. Xunto a ponte está un pazo neomedieval e a Capela de San Brais, rodeados de hórreos e abundante vexetación. Contamos nesta ruta coa colaboración de dous compañeiros do Clube Deportivo Fontiñas, de Santiago.

Hai a opción de nón xantar de prato, e seguir ata Negreira sen guías, polas sinales dás cunchas e das frechas amarelas, leva unha hora. A ruta vai sempre por bos camiños, con tres pequenas costas e bastante abrigo para o caso de mal tempo. A primeira parte desvíase do Camiño, polo PR Ruta do río Sarela, para evitar un gran treinto de asfalto, e visitar unha parte de Santiago, descoñecida para os que non viven alí. Logo segue por pequenas aldeas como Ventosa, Augapesada, Trasmonde,etc. ata completar 18 km. que percorreremos entre ás 9 e ás 15,30 horas. No club tedes o detalle do menú pactado para o xantar. Aos interesados pedímoslles ANÓTENSE CANTO ANTES, para confirmar ás prazas reservadas o tres de decembro.

Picando neste enlace podredes ver fotos sacadas na preparación:

Picando neste otro enlace, tedes datos do restaurante:
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=11329&cidi=G

2 comentarios en “COÑECE E CAMIÑA 12 DECEMBRO DO 2010

  1. Para obtener más información, contacta con el club, bien por teléfono, por correo o en las oficinas.

    Saludos.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.