Montaña

Facer montaña  na compañía de outros montañeiros; este é o obxectivo fundamental desta sección, que quere manter viva a tradición de montaña de Artabros. 

Montaña entendida como deporte e entrenamento (tanto físico como mental), pero tamén como o mellor xeito de cultivar amizade e compañeirismo,  coñecer e amar a natureza, e mellorarnos explorando  os nosos límites,  aprendendo a un tempo a respectar os que a mesma natureza nos impón.

Para elo organizamos saídas a Ancares ou Trevinca á Cordilleira Cantábrica (Somiedo, Ubiña, Mampodres…),ou a Picos; e tamén a Pirineos, Gredos, ou máis lonxe (cando tempo e calendario nos permiten salvar as longas distancias dende este recanto de Europa). Saídas de distintos niveis físicos e técnicos, sempre con atención á seguridade, e procurando que frecuentemente haxa algunha de iniciación, para que xente doutras seccións de Artabros, ou novos asociados, se poidan incorporar ó goce e respecto da montaña e da natureza.