COÑECE E CAMIÑA do 8 de MAIO

RUTA NAVIEGA,  Navia (Asturias)

Dificultade técnica: baixa.

Dificultade física: media-baixa.

Lonxitude: 20 km (ou 19.600 m. se vos gusta máis).

Percorrido con pouco desnivel.

Levar a comida para o xantar.

Posibilidade de baño no Cantábrico ó mediodía (se o Sr. Lorenzo nolo permite).

IMPRESCINDIBLE LEVAR BOTAS.

Sairemos do estadio de Riazor ás 8 da mañá, pararemos a coller pan e tamén pararemos en Alfonso Molina diante da E.S., para recoller a quen queira subir alí.

Tomaremos café polo camiño e sobre as 11 chegaremos a Navia.Comezaremos a camiñar onde o río Barayo cruza coa N-634, ó carón da vía de ferrocarril, seguirémoslle o curso a este río cara a súa bonita desembocadura na praia de Barayo.

Despois dunha pequena camiñata chegaremos a Puerto de Vega, un bonito porto pesqueiro, onde faremos unha paradiña para tomar unha sidrina. Continuaremos cara a ermida da Atalaia enriba dun cantil.

Ó longo do noso percorrido pasaremos por varias praias: Boal, Coedo, Frexulfe, ésta declarada monumento natural polo Principado de Asturias. Seguiremos polo espectacular litoral asturiano, coas súas pontiñas de madeira para cruzarmos a desembocadura dos pequenos ríos e con escadiñas tamén de madeira para subirmos ós cantís que mesmo quitan o hipo (¡os cantís, non as escadiñas!). É unha bonita ruta, polo menos a: Antonio, Arantxa, Baldo e máis a min (Ana Casal), así nolo pareceu.

Remateremos a nosa andaina no porto de Navia despois de cruzarmos a ría por unha pasarela de madeira enriba da auga.

Esta é unha ruta costeira, por ser primavera atoparemos o monte con moito colorido

 Ana Casal y Equipo de Ayuda.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.